Subvencións por gastos electorais. Eleccións Xerais 2026
Orde de actualización das subvencións por gastos electorais das Eleccións Xerais 29 de novembro de 2026: HAC/1062/2026, do 7 de outubro (B.O.E. núm. 250 do 8 de outubro).
Tipos e requisitos:
Por resultados electorais
21.167,64 euros por cada escano (deputado ou senador).
0,81 euros por voto, se se obtivo polo menos un deputado electo.
0,32 euros por voto, por cada candidato que obteña escano de senador.
Por envíos electorais
0,26 euros por elector en cada unha das circunscricións nas que presentase listaxe ao Congreso dos deputados e ao Senado.
Só se aboa esa cantidade se a candidatura obtén o número de deputados ou senadores ou de votos precisos para constituír grupo parlamentario nunha ou noutra Cámara.
Aínda que se consiga grupo parlamentario en ambas as cámaras, a subvención só se percibirá unha vez.