Límites das subvencións por gastos electorais

Por resultados electorais.

  • O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior a:
    • A cifra de gastos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
    • A cifra resultante de multiplicar por 0,37 euros o número de habitantes correspondente á poboación de dereito das circunscricións onde presente as súas candidaturas cada partido, federación, coalición ou agrupación de electores.

Por envíos electorais.

  • O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior:
    • Á cifra de gastos por envíos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
    • 0,26 euros por número de electores aos que se efectuou o envío de propaganda.
    • Débese xustificar a realización efectiva da actividade, é dicir, da remisión dos envíos.